Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e os veciños e veciñas...

AS BANDEIRAS DA CASA CONSISTORIAL ONDEAN A MEDIA ASTA

O Concello e os veciños e veciñas de Carballo amosan a súa solidariedade coas vítimas e feridos do accidente de Santiago

Venres 26 de xullo do 2013

Así, a organización do VIII Festival Sereas e Piratas, formada pola Asociación Cultural Rebeldía, coa que colabora o Concello de Carballo, anuncia o aprazamento do festival, probablemente até o sábado 31 de agosto, aínda que a data definitiva está pendente de confirmación. Así, José Antonio Deus e Bea Fernández, de Rebeldía, explicaron que en principio manteñen a idea de celebrar a cita, e contan coa colaboración de todos os grupos do cartel, así como coa presenza na nova data das citas deportivas de skate, surf e volei que se ían celebrar o sábado 27 de xullo. A única excepción é a celebración do Campionato Galego de Surf Junior, que conta para a clasificación española, e que terá lugar o sábado 27 de xullo, como estaba previsto, ao ser unha proba que depende da Federación Española. En todo caso, os participantes nesta proba renderán homenaxe ás vítimas ás 12.00 horas cunha ofrenda floral no mar e gardando cinco minutos de silencio. Respecto das entradas ao Sereas e Piratas, Rebeldía explica que quen queiran conservalas poderán asistir á cita en agosto sen ningún problema, mentres que quen queiran devolvelas recuperarán os seus cartos. Tan só teñen que dirixirse ao punto de venda onde as adquiriron. Dende a Asociación Cultural Rebeldía queren mandar o seu apoio e cariño a todos os familiares de vítimas e feridos.

Por outra banda, con motivo dos sete días de loito oficial decretado pola Xunta de Galicia a causa do tráxico accidente de tren, o Concello de Carballo suspende o espectáculo infantil "Catalina Lino Lina" previsto para o venres 26 de xullo ás 20.00 horas no Xardín Municipal. Esta actuación queda posposta para o venres 30 de agosto na mesma hora e no mesmo horario.

Compartir: