Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 75 nenos e nenas participaron nas...

ESTÁ PREVISTO OUTROS TANTOS ANOTADOS PARA A QUENDA DE AGOSTO

Arredor de 75 nenos e nenas participaron nas Actividades de Verán do programa Concilia no mes de xullo

Martes 30 de xullo do 2013

As crianzas inscritas teñen a posibilidade de realizar actividades físicas e deportivas e culturais, con xogos populares, de psicomotricidade, deportes alternativos, tiro con arco, pirámide multideportiva, actividades de orientación ou contacontos motores. Tamén poden participar en obradoiros de debuxo ou de reciclaxe, así como afondar nas novas tecnoloxías e recibir nocións de inglés. As actividades teñen lugar nas instalacións do CEIP A Cristina da capital municipal e o Concilia ofrece a posibilidade de que os cativos e cativas tamén estean atendidos entre as 7.30 e 10.00 horas como ocorre durante o transcurso do curso escolar. Así, está dispoñible o servizo de madrugadores dende as 7.30 ata as 10.00 horas (con almorzo ás 8.30 horas), no Centro Xolda. Logo son trasladados en autobús ata as instalacións nas que se realizan as actividades lúdicas no CEIP A Cristina. As Actividades de Verán do programa Concilia están organizadas polo Concello, a través de Servizos Sociais, coa colaboración da Deputación. Os interesados e interesadas en formalizar a inscrición na actividade para agosto, aínda poden facelo nas oficinas do departamento de Servizos Sociais situadas na planta baixa da Casa do Concello no horario habitual do servizo. Os interesados e interesadas poden obter máis información chamando ao departamento de Servizos Sociais no 981 704 706. Tamén é posible descargar a información e a folla de inscrición nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: