Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Carballo a un paso" chega á...

ESTARÁ ATA FINAIS DE AGOSTO NO XARDÍN MUNICIPAL

"Carballo a un paso" chega á Praza do Concello para seguir promovendo os atractivos turísticos da vila de do municipio

Xoves 1 de agosto do 2013

Hai que lembrar que "Carballo a un paso" é un plan global para crear unha marca turística que se converta no primeiro paso para a estruturación dun proxecto turístico que é o propio Concello de Carballo, un elemento emerxente dentro dun produto turístico que xa está consolidado como é a Costa da Morte. O proxecto artéllase arredor de varias claves, entre as que hai que subliñar, ademais da propia marca cun logo personalizado, o web <www.turismocarballo.com>, o vídeo "Carballo a un paso", dispoñible en Youtube e nas principais redes sociais, unha nova sinalización con códigos QR, novos folletos, a dotación dun punto de información permanente e dun stand turístico para eventos, así como a instalación de nova sinaléctica. Tamén se creou unha nova Guía turística de Carballo, elaborada polo coñecido estudoso Xan Fernández Carrera, que pretende sintetizar a información xeográfica, histórica e cultural de todo o municipio nunha publicación, ademais de impulsar a elección da vila e o Concello de Carballo como destino turístico.

Compartir: