Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle o Campionato Galego de ciclismo...

DOMINGO 4 DE AGOSTO A PARTIR DAS 10.00 HORAS

Carballo acolle o Campionato Galego de ciclismo de Fondo con arredor de 150 corredores entre femias, cadetes e júnior

Mércores 31 de xullo do 2013

Falando do campionato máis polo miúdo, Seoane salientou que os circuítos están pensados para que as probas as gañe "un corredor de fondo e non un corredor de pista". No caso das femias, o percorrido consiste en dúas voltas por unha ruta que pasa por Carballo, Coristanco, Rus e Carballo, con 32,4 quilómetros de lonxitude e a saída ás 10.00 horas. Os cadetes e júnior realizan outro percorrido con máis dificultade: os primeiros cunha primeira volta con saída ás 11.15 horas na que realizan o circuíto das femias, e cunha segunda na que pasan por Carballo, Coristanco, Cereo, Agualada, Coristanco, Rus e Carballo, cun total de 52,7 quilómetros de lonxitude; e os segundos co mesmo itinerario dos cadetes, pero realizando unha volta máis ata acadar os 89,2 quilómetros e con saída ás 13.15 horas. O xerente da Federación Galega de Ciclismo, Ricardo Terceiro, aproveitou a cita para falar dos favoritos para a vitoria e da presenza dos corredores locais. En júnior hai que destacar a presenza de Cristian Blanco, do Club Ciclista Carballo; ou en femias de María Verdía, Soraya Marrozos e Leticia Baña, tamén do Club. En cadetes, Terceiro quixo subliñar o excepcional estado de forma dos corredores, que de seguro ofrecerán un bo espectáculo.

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, pechou a presentación desta cita gabando o excelente traballo do Club Ciclista Carballo durante os seus 25 anos de vida e facendo fincapé na defensa que realizan do deporte feminino. Agradeceu que a Federación elixise Carballo para a celebración do campionato e por último desexou que "se pode ser, gañe alguén da vila". Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo no web do Club Ciclista Carballo-Placasa <www.cccarballo.com> ou a través do web da Federación Galega de Ciclismo, <www.fgalegaciclismo.es>, no que se irá dando conta dos pormenores do campionato.

Compartir: