Inicio Carballo ao día Hemeroteca O parque empresarial de Bértoa...

INSCRICIÓNS ATÉ O LUNS 12 DE AGOSTO

O parque empresarial de Bértoa carballés acolle o sábado 24 de agosto o quinto circuíto BTT 12 horas

Venres 2 de agosto do 2013

Até o momento xa hai máis de 80 inscritos, sendo o cupo máximo de 250. Respecto das características do circuíto máis polo miúdo, está previsto que o punto de partida estea en Garaysa, preto do Punto Limpo Municipal, para pasar pola beira do río cara ao novo parque empresarial, seguindo a carón da autopista AG-55 e logo de volta a Garaysa. Dende Media Ducia aseguran que este é o ano co mellor percorrido, ademais de terse reservado un espazo amplo arredor do campo das Eiroas para que sexa posible para o público ver mellor as evolucións dos ciclistas. O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón, quixo agradecer o traballo e o "esforzo" da organización e transmitiu o apoio do organismo que preside para iniciativas como esta. A cita, ademais, contará coa presenza de Isabel Castro, unha ciclista cun longo curriculum, tendo sido Campioa de España de Ciclocross en 2010 e 2011. Castro quixo agradecer a invitación para participar na proba e explicou que ten moitas gañas de tomar a saída. Pola súa banda, o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo transmitirlle os seus parabéns a Media Ducia, xa que unha proba que comezou hai cinco anos "modestamente, xa está completamente asentada no calendario galego de BTT". Tamén quixo animar ao público a que se desplace a ver a cita, xa que "é moi interesante e singular".

A organización tamén quixo facer mención especial a cada un dos patrocinadores da cita: Coca-Cola; Gadis; Ciclos Quintena; EvoBici, que instalará un taller mecánico gratuíto para os participantes que poderán arranxar a súa bici a cada paso por meta; nosportlimit; Victory Endurance; Panadería A Milagrosa, Piscis Café-Bar e Celia Frutas e Verduras que asumirán parte do avituallamento; Bicicletas Arán; Carnicería Daniel; Todo Lar-Re100; Vital Fitness; Garaysa; Alquileres Reneymar; e por primeira vez este ano Ana Muíño que facilitará a presenza de dúas fisioterapeutas durante a proba para que dean masaxes e atendan aos corredores a partir das 16.00 horas. A cita tamén conta coa colaboración de Protección Civil de Carballo.

Compartir: