Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha noite nunha casa rural, un circuíto...

PRAZO DE PARTICIPACIÓN: ENTRE O 3 E O 18 DE AGOSTO

Unha noite nunha casa rural, un circuíto termal ou unha xornada de aventuras: premios do concurso "Carballo a un paso"

Luns 5 de agosto do 2013

Respecto das características das imaxes, deben retratar unha vivencia ou espazo dentro do Concello de Carballo; debe saír a marca turística "Carballo a un paso" (como pode verse na imaxe que ilustra esta nova); o logo pode descargarse nesta mesma nova, no <facebook.com/turismo de carballo>, en <www.turismocarballo.org>, nesta mesma nova ou tamén pedirse no stand de información turística situado na Praza do Concello; cada foto acompañarase dunha pequena descrición do lugar e momento en que foron sacadas; as fotos deben retratar e visibilizar de forma positiva os recursos turísticos do Concello; e as imaxes non deben incluír contidos que poidan resultar ofensivos ou contrarios aos obxectivos da campaña e do concurso. Ademais, unha vez subidas a Facebook, as imaxes poderán etiquetarse e ser compartidas, pero para o cómputo do concurso tan só contarán os gústame rexistrados polos seguidores da páxina.

Compartir: