Inicio Carballo ao día Hemeroteca Senda Nova organiza unhas Xornadas de...

DENTRO DO PROGRAMA VERÁN AO NATURAL 2013

Senda Nova organiza unhas Xornadas de iniciación á cartografía e á orientación para axudar a desenvolverse ao aire libre

Martes 6 de agosto do 2013

Respecto das actividades máis polo miúdo, a última fin de semana do mes de agosto e co obxecto de poñer en práctica os coñecementos cartográficos adquiridos durante as xornadas é cando está previsto celebrar a Actividade do socio, cunha viaxe a Asturias. Trátase dun encontro de marcado carácter social e de achegamento á cultura da canle do río Nalón a través de charlas nun ambiente rural. O achegamento ao medio natural asturiano virá dado por medio da realización de roteiros de sendeirismo. Ademais, como é habitual, a última fin de semana de setembro, a Asociación viaxa de novo a Asturias para gozar do espectáculo que ofrecen os cervos en celo: A Berrea. Serán dúas noites de convivencia a 900 metros de altura con horas de avistamentos con equipos ópticos. Todas estas actividades teñen como obxectivos primordiais o achegamento á cultura, ao medio ambiente e á sociedade local das zonas que se visitan cun marcado e importante espírito de convivencia. Os interesados e interesadas poden descargar o díptico informativo do programa Verán ao Natural máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: