Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa o traballo de revisión de...

NOVA XUNTANZA O VENRES 6 DE SETEMBRO

Continúa o traballo de revisión de alegacións ao PXOM da comisión de urbanismo nas parroquias de Cances, Entrecruces e Goiáns

Mércores 4 de setembro do 2013

Dende o momento en que se pechou o período de presentación de alegacións ao documento para aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo (PXOM), os representantes políticos da corporación (con membros de BNG, PP, TEGA e PSOE), o equipo redactor do PXOM e os técnicos municipais teñen celebrado un total de 10 reunións, das que dúas estiveron destinadas a expoñer o reconto de reclamacións e a clasificar as alegacións, e as oito restantes centráronse no proceso de revisión propiamente dito. Hai que lembrar que o documento para aprobación inicial do PXOM recibiu un total de 1.921 alegacións presentadas por 2.451 alegantes. Por parroquias -exceptuando a de Carballo-, as que rexistran un maior número de peticións son Razo, Bértoa e Sofán. Na zona rural, a solicitude máis habitual é a de incorporación de parcelas a licenza de obra directa.

Compartir: