Inicio Carballo ao día Hemeroteca Bos niveis de venda e alta participación...

MÁIS DE 1.500 PERSOAS PARTICIPARON NAS ACTIVIDADES

Bos niveis de venda e alta participación na Praza dos Libros de Carballo cuns ingresos aproximados de 15.000 euros

Luns 26 de agosto do 2013

En castelán destacaron "Diario de Grey" e "La verdad sobre el caso Harry Quebert". En boa parte dos actos a carpa que os acollía -que este ano era o dobre de grande que a de edicións anteriores- quedou pequena debido á alta asistencia de público, tanto nas presentacións, como nas actividades de animación infantil ou os distintos concertos que houbo -como o da Uxía, que pechou a feira, ou o de Najla Shami, mais tamén con Migallas Teatro, a presentación de Xosé Pumar, a de Beatriz Fraga, a de Neira Vila, etc. O momento de maior asistencia foi o domingo pola mañá, no que a Praza dos Libros coincidiu coa feira tradicional e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa "Un libro, un pan" (na imaxe), coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 350 pans de Carballo que se repartiron. Durante esa mañá de domingo de feira, contouse tamén coa asistencia de Manuel Rivas, que tivo unha larga cola para asinar libros. Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura, dándolle especial protagonismo á creación galega.

Esta actividade está organizada polo Concello de Carballo, e conta coa única colaboración económica de Conservas Calvo. Desde a organización agradécese a participación e implicación tanto das librarías como das diferentes creadoras e creadores que asistiron, e que converteron Carballo en punto de referencia cultural durante catro días. Na Praza dos Libros estiveron, entre outros/as, Manuel Rivas, Uxía, Xosé Neira Vilas, Mercedes Peón, Najla Shami, etc.

Compartir: