Inicio Carballo ao día Hemeroteca Urbaser-UTE inviste máis de 1,5...

A PLANTILLA AMPLIOUSE EN CATRO TRABALLADORES

Urbaser-UTE inviste máis de 1,5 millóns de euros no incremento de vehículos para a recollida de lixo e aumenta o número de colectores

Venres 23 de agosto do 2013

Por último, asignouse ao servizo un camión lavacolectores, xa que se levan realizado varios lavados a todos os colectores do concello e rematarase o ano con entre sete e cinco lavados por colector dependendo do seu uso e ubicación. Estes vehículos suman un investimento de 1.609.455,39 euros para os oito primeiros anos de concesión. Ademais dos vehículos a empresa Urbaser-UTE Carballo incorporou tamén un grande número de novos colectores ao servizo, nomeadamente: 350 colectores verdes de RSU e 50 adaptados para persoas con discapacidade; 185 colectores amarelos de Envases Lixeiros e 25 adaptados para persoas con discapacidade; 100 iglús para a recollida de vidro e 10 adaptados para persoas con discapacidade; 102 colectores de papel e 200 colectores de pilas. O Alcalde de Carballo no nome de todo o equipo de "Carballo Limpo" quere destacar o esforzo orzamentario que fan os carballeses para manter este proxecto que xunto con esta concesión da recollida do lixo, conta tamén coa concesión da limpeza viaria e a limpeza de praias, así como o servizo de control de pragas e estorninos.

Estes servizos superan un investimento de 1,2 millóns de euros ao ano que xunto co custe de tratamento do lixo en Sogama, superan os 1,8 millóns, que os carballeses e carballesas invirten en ter un Carballo máis Limpo. Por eso "a colaboración cidadá é fundamental para optimizar os custes de todos estes servizos, canto máis separamos o lixo mais aforramos, pero eso témolo que facer entre todos". Desde Carballo Limpo tamén agradecemos a colaboración da cidanía, que o pode facer chamando ao 981 75 49 17, no web www.carballolimpo.com ou en Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: