Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno á adxudicación...

SOBRE DA MESA A PROPOSTA DA ORDENANZA REGULADORA DE PRAIAS

Luz verde no pleno á adxudicación do servizo de limpeza dos colexios públicos ao Centro Especial de Emprego de Aspaber

Martes 3 de setembro do 2013

Mediante esta resolución, Aquagest ampliará as súas competencias a 17 depuradoras, 4 EDAR (Estacións Depuradora de Augas Residuais en Razo, Cances, Artes e Noví) e 23 bombeos. No futuro engadirase a EDAR de Rebordelos, que nestes momentos está en período de garantía. Esta modificación provocará un desequilibrio nos custos da concesión de 79.896,91 euros que está previsto que asuma o Concello. Fóra da orde do día, admitiuse, por unanimidade e mediante trámite de urxencia, un novo punto na orde do día, tamén relacionado con contratación. Así, propúxose desestimar as alegacións presentadas ao Contrato de servizos enerxéticos e mantemento con garantía total das instalacións de alumeado público exterior mediante un contrato mixto de subministro e servizos do Concello de Carballo e reabrir o prazo de licitación coa publicación da resolución no Diario Oficial da Unión Europea (DOUCE). O Alcalde, Evencio Ferrero, explicou que, xa que as condicións do contrato foron referendadas polo pleno, tamén procedía que o pleno admitira ou desestimara as alegacións presentadas. Engadiu que os técnicos avalan as condicións e requisitos incluídos no contrato e finalmente o punto saíu adiante coa abstención do Partido Popular.

Obras conxuntas coa Laracha e incremento dos fondos FEDER

A sesión supuxo, así mesmo, a constitución dunha agrupación de concellos e a aprobación dun Convenio de colaboración co Concello da Laracha en orde á execución da obra "Pavimentación de accesos ao Polígono Industrial da Laracha dende a estrada DP-1909", xa que estes traballos afectan aos dous municipios. O custo total é de 228.802,84 euros, dos que 200.000 (o 78 por cento do total) serán achegados pola Xunta de Galicia e o resto será asumido polos concellos asinantes. Outro dos asuntos debatidos na orde do día foi o visto e prace para a Ordenanza reguladora das praias do Concello de Carballo. Despois de que o PP manifestara algunhas dúbidas respecto dalgúns dos seus puntos, acordouse que o asunto quedara sobre da mesa para intentar acadar un acordo unánime nunha xuntanza dos voceiros municipais e levar a aprobación da ordenanza a unha futura sesión plenaria. A orde do día incluíu as contas xerais do Concello e do Padroado Deportivo Municipal de 2012, puntos que foron aprobados co apoio de todos os grupos a excepción do PP, que se abstivo. E por último, o pleno supuxo a sinalización dos dous días de festa, de carácter retribuído e non recuperable, no termo municipal de Carballo para 2014. Finalmente serán o 24 e 25 de xuño coincidindo coas festas patronais de San Xoán.

Xa no apartado de seguimento de órganos de goberno, deuse conta dunha resolución publicada no BOE (Boletín Oficial do Estado) publicada o pasado día 26 pola que a Secretaría de Estado de Administracións Públicas reasigna a cantidade sobrante dos fondos europeos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) finalizados da convocatoria de 2007 e que cumpriron os seus obxectivos. As actuacións incluídas no proxecto Fórum Carballo inclúense nesta categoría, polo que se incrementa a achega europea nun 10 por cento, pasándose do 70 ao 80 por cento de subvención con 453.000 euros máis. Así, a achega europea pasará de 3.260.000 a 3.714.000 euros.

Compartir: