Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado en Xunta de Goberno o proxecto de...

LUZ VERDE PARA O PROGRAMA DE EXERCICIO PARA MAIORES

Aprobado en Xunta de Goberno o proxecto de Reurbanización da Rúa Valle Inclán cun orzamento de preto de 200.000 euros

Luns 9 de setembro do 2013

Este programa consiste na realización por parte de veciños de veciñas maiores de 60 anos -tanto do casco urbano como das parroquias- de dúas ou tres sesións semanais de entre 30 e 45 minutos de exercicio aeróbico, acondicionamento muscular e flexibilidade de baixo impacto oseoarticular, cun aumento progresivo da intensidade do exercicio. A orde do día tamén supuxo a adhesión a un Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e provincias (FEGAMP) para a realización de programas de atención de protección de saúde. Este acordo inclúe, para o ano 2013, axudas para Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD), así como axudas para o mantemento de centros de saúde e PACs (Puntos de Atención Continuada) de titularidade municipal. A cantidade que lle corresponde ao Concello de Carballo a través deste convenio é de 196.100,17 euros. Tamén no apartado de convenios aprobouse a prórroga para a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello para o compartimento dos sistemas de información do SIGAD (Sistema Integrado Galego de Atención á Dependencia).

Por último, tamén no apartado de convenios, ampliouse o prazo co que conta a Asociación Cultural Coro Vagalume para a realización de varias representacións teatrais en virtude do acordo subscrito coa administración local e aprobouse, así memso, unha corrección de erros no Convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Asociación Centro Comercial Aberto. No que respecta ao apartado de subvencións, recibiron luz verde as bases da convocatoria da Subvención para o financiamento de proxectos de escolas deportivas de base en horario extra escolar nos centros dirixidos aos nenos e nenas que cursan Educación Infantil e Primaria no Concello. As axudas están dirixidas a ANPAs, CEIPs e agrupacións deportivas de centros educativos sostidos con fondos públicos para facilitar a práctica deportiva en idade escolar. As actividades deberán desenvolverse entre outubro de 2013 e maio de 2014, incluídos. Para rematar, a sesión supuxo a aprobación dun vao permanente na rúa Bos Aires, a concesión de catro licenzas de obra e apertura e dunha licenza de primeira ocupación.

Compartir: