Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello emprende varias accións...

INTERESAD@S INSCRIBIRSE NO MUSEO DE BERGANTIÑOS

O Concello emprende varias accións formativas dirixidas ao sector turístico do municipio a partir do mes de setembro

Luns 9 de setembro do 2013

Por último, o Curso Impactic Carballo, propón dar os primeiros pasos para aproveitar as vantaxes de internet e as redes sociais en materia de aproveitamento turístico. A actividade terá lugar tamén durante o mes de outubro e constará de tres sesións presenciais e unha titorización que se desenvolverá a nivel individual. Estes cursos teñen carácter gratuíto e terán lugar nas instalacións do Fórum Carballo. Para participar, os interesados e interesadas deben inscribirse na Oficina de Información Turística situada no Museo de Bergantiños, a través do teléfono 981 702 077 ou remitindo un correo electrónico ao enderezo <museo@carballo.org>. Está previsto ofrecer entre 20 e 25 prazas, mais en caso de que haxa máis solicitantes que prazas dispoñibles, a admisión realizarase por estrita orde de inscrición.

Compartir: