Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina un convenio de...

ESPECIALMENTE DIRIXIDO A MAIORES, ESCOLARES E DISCAPACITADOS

O Concello asina un convenio de colaboración con "la Caixa" para potenciar a actividade deportiva de base

Xoves 12 de setembro do 2013

Durante a sinatura do convenio, ademais de Ferrero e Caamaño tamén estiveron presentes o director da oficina de "la Caixa" en Carballo, Francisco Felípez, encargado de rubricar o acordo; o xerente do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, Francisco García Bello; e o Concelleiro de Deporte carballés, Marcos Trigo. "la Caixa" aposta un ano máis por renovar o seu compromiso social ofrecendo apoio a miles de proxectos que pretenden dar resposta ás necesidades emerxentes da sociedade. O orzamento da Obra Social, por sexto ano consecutivo, ascende a 500 millóns de euros. O desenvolvemento de programas de carácter social, adecuados a estas necesidades sociais no actual contexto concentran a maior parte do investimento. A superación da pobreza infantil, o fomento do traballo entre colectivos con dificultades, o envellecemento activo e saudable das persoas maiores e a atención ás persoas con enfermidades avanzadas seguen sendo as catro liñas prioritarias de traballo, aínda que "la Caixa" tamén impulsa outras iniciativas dirixidas a cubrir diferentes carencias e problemáticas sociais, como neste caso, a difusión do deporte.

Compartir: