Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión Especial de Seguridade acorda...

JORGE ATÁN XA LLE NOTIFICOU A SITUACIÓN Á GARDA CIVIL

A Comisión Especial de Seguridade acorda abordar a problemática de Ardaña nunha Xunta Local co Subdelegado do Goberno

Venres 13 de setembro do 2013

O Subdelegado do Goberno na Coruña remata a carta, que foi remitida o pasado 6 de setembro, poñéndose a disposición do Concello para fixar unha data para celebrar unha Xunta Local de Seguridade e "tratar este ou calquera outro tema en materia de seguridade cidadá, co fin de acadar unha mellor coordinación neste ámbito". Todos os membros da Comisión Especial de Seguridade estiveron de acordo en aceptar a invitación de Atán e celebrar o antes posible unha Xunta Local para afondar neste tema e chegar a unha solución axeitada. Hai que mencionar que na cita do xoves 12 estiveron presentes, ademais do Alcalde, o Concelleiro de Seguridade, Xosé Regueira; o recén nomeado Xefe da Policía Local de Carballo, Roberto Mosquera, que expuxo algúns dos índices delictivos rexistrados no municipio e en Ardaña máis concretamente; e os representantes de PP, TEGA e PSOE, José Lado, Manuel Andrade e José Antonio Viña, respectivamente.

Compartir: