Inicio Carballo ao día Hemeroteca Preto de 50 pilotos participan no XIV Motocross...

DOMINGO 15 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 10.00 HORAS

Preto de 50 pilotos participan no XIV Motocross Concello de Carballo, puntuable para o Campionato Galego

Venres 13 de setembro do 2013

Respecto dos horarios a cita comeza ás 10.00 horas coas verificacións administrativas e técnicas, mentres que ás 12.15 principian os primeiros adestramentos libres. Sobre as 13.20 arrincan os adestramentos cronometrados mentres que as mangas dispútanse pola tarde, a partir das 16.00 horas, estando prevista a última para as 18.00 horas. A entrega de premios está programada para as 18.45 horas. Entre os galardóns hai que destacar a entrega dun xamón ao gañador de cada carreira grazas ao patrocinio de Gadis. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo agradecer a Motor Bergantiños o seu labor como organizadores da proba e o seu "traballo duro" a prol do deporte de motor en Carballo. O mesmo agradecemento que expresou o Alcalde, Evencio Ferrero, por que haxa persoas que "dediquen tempo, esforzo e cartos para que Carballo siga a ser unha referencia no mundo do motor". Por último, Ferrero quixo subliñar o deseño do circuíto "que permite a celebración de probas moi variadas" e é unha boa mostra "do compromiso de Carballo co motor".

Compartir: