Inicio Carballo ao día Hemeroteca A comida elaborada polo Curso de Cociña do...

SERÁ POSIBLE A TRAVÉS DUN PROTOCOLO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO

A comida elaborada polo Curso de Cociña do Fórum poderá ser aproveitada polo comedor social de Cáritas Interparroquial

Venres 13 de setembro do 2013

Hai que lembrar que Cáritas Interparroquial mantén en funcionamento na actualidade un comedor social, un comedor sobre rodas e o Centro de Día Fogar de Bergantiños. Pola súa banda o Curso homologado de cociña que se imparte no Fórum Carballo forma parte da programación para o emprego (Plan AFD 2013) que desenvolve a Consellería de Traballo e Benestar. Conta cun total de 828 horas de duración para un total de 15 alumnos e alumnas que se distribúen en horario de mañá de luns a venres na nave 4, onde se atopan as instalacións da Escola de Hostalería. O curso, ademais das clases teóricas e prácticas que se imparten no Fórum contará con 80 horas de prácticas profesionais en empresas da zona relacionadas co sector hostaleiro.

Compartir: