Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión de Urbanismo termina de revisar...

NA PRÓXIMA XUNTANZA ABORDARANSE OS NOVOS ASENTAMENTOS

A Comisión de Urbanismo termina de revisar todas as alegacións correspondentes ao medio rural, excepto na parroquia de Razo

Xoves 19 de setembro do 2013

Hai que mencionar que nesta última reunión, como vén sendo habitual, estiveron presentes os técnicos e representantes dos catro grupos políticos da corporación, PSOE, TEGA, PP e BNG, que estiveron presididos polo Alcalde, Evencio Ferrero, e pola Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes. Dende o momento en que se pechou o período de presentación de alegacións ao documento para aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo (PXOM) téñense celebrado un total de 14 reunións, das que dúas estiveron destinadas a expoñer o reconto de reclamacións e a clasificar as alegacións, e as doce restantes centráronse no proceso de revisión propiamente dito. Hai que lembrar que o documento para aprobación inicial do PXOM recibiu un total de 1.921 alegacións presentadas por 2.451 alegantes.

Compartir: