Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o contrato de obras para a "Mellora...

AXUDAS PARA UN PROXECTO DE ECOTURISMO EN RAZO-BALDAIO

Aprobado o contrato de obras para a "Mellora da capa de rodadura nos lugares de Ferradal (Bértoa) e Paraíso (Berdillo)"

Luns 23 de setembro do 2013

Así, concédese unha subvención por importe de 100.000 euros aos concellos de Carballo e A Laracha para o proxecto de "Soterramento de infraestruturas eléctricas de Baixa Tensión, Alta Tensión e Alumeado Público no lugar da Piña-Sofán". As cantidades dividiranse en 88.997,10 euros para o Concello carballés e 10.926,22 euros para investimento no termo municipal da Laracha. No apartado de convenios, xa dentro da orde do día, a sesión supuxo a adhesión a un protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para establecer unha rede de entidades locais en contra da violencia de xénero e realizar outras accións de sensibilización social en contra desta lacra. O obxectivo do acordo é o de conseguir o rexeitamento social e institucional contra a violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade. A Xunta de Goberno dou conta do resumo de ingresos da Recadación Municipal para xuño, xullo e agosto de 2013. Para o período voluntario de recadación municipal en xuño de 2013 o importe é de 800.860,76 euros; de caixa municipal, o importe dos tres meses é de 233.099,22 euros.

Por último, a sesión supuxo a aprobación de tres licenzas e obra; dunha licenza de obra e apertura; e dunha licenza de primeira ocupación.

Compartir: