Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT 2013 achega o teatro aos máis...

INSCRICIÓNS DO LUNS 23 AO VENRES 27 DE SETEMBRO: 25 PRAZAS

O FIOT 2013 achega o teatro aos máis cativos e cativas da man dun novidoso campamento nocturno no Pazo da Cultura

Luns 23 de setembro do 2013

Desde as 19.00 horas do venres 4 de outubro, até as 11.00 da mañá do día seguinte, sábado 5, no recinto teatral do Pazo de Cultura, desenvolveranse unha serie de dinámicas e obradoiros como expresión corporal, mímica, xesticulación, improvisación ou maquillaxe. Ademais, os participantes intentarán materializar o espírito deste FIOT pensado para os máis pequenos creando unha mascota á que porán por nome "Fiotiño" e que simbolizará este novo concepto dentro do Festival. O desenlace da actividade será unha representación ante os pais dos nenos e nenas participantes. O prazo de inscrición para cubrir as 25 prazas dispoñibles está aberto desde o luns 23 ata o venres 27 de setembro nas oficinas administrativas do Pazo da Cultura en horario de 10.00 a 13.30 horas. O custo da actividade é de 10 euros, tendo preferencia para apuntarse socios da Asociación Cultural Telón e Aparte.

Compartir: