Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a venda de bonos para o FIOT: a partir do...

VENRES 23: FIN DAS INSCRICIÓNS PARA "UNHA NOITE DE FARÁNDULA"

Arrinca a venda de bonos para o FIOT: a partir do 28 de setembro para público en xeral en Servinova e no 902 504 500

Mércores 25 de setembro do 2013

O público en xeral poderá adquirir os bonos para asistir a todas as funcións por 62 €, a través do mesmo sistema de televenda, entre o sábado 28 de setembro e o 3 de outubro. Estudantes, parados e maiores de 65 anos (todos deben presentar documento acreditativo) terán, como é habitual, un precio reducido de 55 €. Os usuarios poderán escoller a súa localidade en función da dispoñibilidade da mesma e da orde de contacto con Servinova. Os minibonos darán dereito a asistir á metade das funcións do festival. O minibono A poderá adquirirse do 30 de setembro ao 9 de outubro por 35 €, correspondéndolles as obras dos días 11 ("André e Dorine" - Kulunka Teatro), 12 ("Eurozone" - Grupo Chévere), 19 ("Siglo de Oro, Siglo de Ahora (Folía)" - Ron Lalá) e 20 ("Un trozo invisible de este mundo" - Prod. Cristina Rota e Teatro Español); mentres que o minibono B (40€) será para as obras dos días 25 ("Distancia siete minutos" - Titzina Teatre), 26 ("Criaturas" - Teatro do Aquí), 27 ("Las cosas también tienen mamá" - La Mona Ilustre), 29 ("Maridos y Mujeres" - Teatro de la Abadía) e 31 de outubro ("Emilia" - Prod. Teatrales Contemporáneas).

Entradas soltas e prezosAs entradas soltas para o Programa de sala e o Ciclo OTNI estarán dispoñibles desde o luns 30 de setembro ata o día antes de cada función polo sistema de televenda. Só poderán adquirirse un máximo de catro pases por persoa. Nas xornadas da representación, a billeteira do Pazo da Cultura estará aberta de 19.30 a 21.00 horas. O prezo das entradas soltas é de 6 € para "André e Dorine" (día 11), "Eurozone" (día 12), "Distancia siete minutos" (día 25), "Criaturas" (día 26) e "Las cosas también tienen mamá" (día 27). Os pases para "Siglo de Oro, Siglo de Ahora (Folía)" (día 19) e "Maridos y mujeres" (día 29) teñen un custe de 12 € e os tickets para "Un trozo invisible de este mundo" (día 20) e "Emilia" (día 31), de 15 €. As entradas para as tres funcións do Ciclo OTNI costarán 3 €: "Symon Pédícrí" (día 13), "Hámster" (día 17) e "Sé de un lugar..." (día 24). No caso da Rúa dos Contos, os pases para os espectáculos con entrada poderán adquirirse tanto os días de función como anticipadamente nos locais participantes, excepto no caso de "Ultranoite", do Grupo Chévere (domingo 6, Mercado de Abastos) que se fará vía www.servinova.es ou no teléfono 902 504 500 a partir do luns 30 de setembro ao 4 de outubro.

Os espectáculos que se poderán ver na XV Rúa dos Contos son: xoves 3, Paula Carballeira - Cervexaría A Bombonera (2 €). Venres 4: Santi Prego - Ludoteca Municipal (infantil, libre); María da Pontragha - Bar O’Pescador (libre); Tanxarina Títeres - A Barra Bar (2 €); Illanes - Pub A Reserva (2 €). Sábado 5: Os regueifeiros de Xornes - Mesón A Cabaña (libre); Aldaolado - Cafetaría Valle Inclán (libre); Avelino González - Cafetaría Colón (libre). Domingo 6: Grupo Chévere, Mercado Municipal (6 €). Xoves 10: José Campanari - Vinoteca La de Bur (2 €). Venres 11: Ricardo Barreiro - Pub O Patacón (2 €), Nelson Quinteiro Cía - A Barra Bar (2 €). Sábado 12: Caetano Lledó - Cervexaría A Bombonera (libre); Xosé Touriñán, Cervexaría Dublín (4 €).

Así mesmo, a organización quere lembrar que o venres 27 de setembro ás 13.30 horas remata o prazo para anotarse ao campamento urbano infantil "Unha noite de farándula" que terá lugar desde as 19.00 horas do 4 de outubro ás 11.00 horas do 5 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo. O custe da actividade é de 10 €, tendo preferencia para apuntarse socios da Asociación Cultural Telón e Aparte. Máis información, nas oficinas do Pazo da Cultura (telefono 981 704 300).

Compartir: