Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta Local de Seguridade valora a...

CONSTÁTASE UN DESCENSO NO NÚMERO DE INCIDENCIAS

A Xunta Local de Seguridade valora a colaboración cidadá nas denuncias dos actos delituosos

Mércores 25 de setembro do 2013

Así, hai que destacar os datos que ten rexistrado o municipio no que respecta á campaña de lumes forestais, que se saldou con varios conatos de incendio pero sen ningún suceso de importancia. A mesma valoración recibiron os datos da tempada de praias, que se saldou sen incidencias de consideración. Ademais de Jorge Atán e de Evencio Ferrero, na Xunta Local de Seguridade estiveron presentes a Tenente de Alcalde, Milagros Lantes Seara; o Concelleiro de Seguridade, Xosé Regueira; o Concelleiro da corporación José Lado Lamas; o Coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña Benedicto González Delgado; o Sarxento-Xefe da Policía Local de Carballo, Roberto Mosquera; o Xefe do Posto Principal da Garda Civil de Carballo, José Manuel Casas Suárez; Javier Teijido Barreiro, Inspector da Unidade Adscrita á Policía Autonómica; Eva Vázquez Castelo, Vicesecretaria da Delegación do Goberno; e Francisco Javier Souto Facal, responsable de Protección Civil do Concello de Carballo.

Compartir: