Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión de Urbanismo comeza a estudar...

NA PRÓXIMA XUNTANZA ABORDARANSE AS RECLAMACIÓNS DE ARNADOS

A Comisión de Urbanismo comeza a estudar as alegacións da parroquia de Razo e termina de revisar os novos asentamentos

Xoves 26 de setembro do 2013

En todo caso, na reunión do mércores establecéronse uns criterios xerais para Arnados, reflexionando sobre a evolución que pode ter o núcleo nos próximos anos co obxectivo de "tratar de ordenar o territorio o mellor posible", segundo a Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes. Así, tomáronse decisións acerca da inclusión de vías estruturantes para o futuro ou sobre o tipo de edificacións que se poderán construír na zona. Na próxima xuntanza, e unha vez establecidos estes criterios, xa se abordará o estudo de cada alegación presentada en Arnados individualmente. Hai que mencionar que nestas últimas reunións, como vén sendo habitual, estiveron presentes os técnicos e representantes dos catro grupos políticos da corporación, PSOE, TEGA, PP e BNG, que estiveron presididos polo Alcalde, Evencio Ferrero, e pola Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes. O documento para aprobación inicial do PXOM ten recibido un total de 1.921 alegacións presentadas por 2.451 alegantes.

Compartir: