Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Canceira Municipal ten recollido 127 animais...

UN TOTAL DE 32 FORON RECUPERADOS POLOS SEUS DONOS

A Canceira Municipal ten recollido 127 animais dende que a nova concesionaria asumiu a xestión, dos que teñen sido adoptados 66

Xoves 26 de setembro do 2013

Outra das novidades da prestación deste servizo é que agora os trámites para a obtención da licenza municipal para tenza de animais potencialmente perigosos será realizada na propia canceira e non nas oficinas municipais como ata o de agora. A nova concesionaria xa leva recollido 127 animais, dos cales foron adoptados 66 e recollidos polos seus donos 32. Desde Carballo Limpo procederase nunhas semanas a ofrecer información na Internet das diferentes posibilidades de adopción que vaian xurdindo coa esperanza de que o número de adopcións aumente aínda mais. Nestes momentos na canceira municipal hai un total de seis cans, un deles unha cadela de tan só nove meses de idade. Hai que lembrar que o horario do servizo coincide co do Punto Limpo Municipal, xa que a canceira está situada nas súas instalacións: está aberta xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas. A nova ordenanza xa está dispoñible no web municipal do Concello de Carballo, e pode descargarse nesta nova nun documento en pdf. Desde Carballo Limpo tamén queren agradecer a colaboración da cidanía, que o pode seguir facéndoo chamando ao 981 75 49 17, no web <www.carballolimpo.com> ou no Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: