Inicio Carballo ao día Hemeroteca A venda de entradas soltas e minibonos para o...

INSCRICIÓNS NO CONCURSO DE TEATRO LIDO: ATÉ O MÉRCORES 2

A venda de entradas soltas e minibonos para o FIOT 2013 comeza o luns 30 de setembro a partir das 9.00 horas

Venres 27 de setembro do 2013

O minibono B será para as obras dos días 25 ("Distancia siete minutos" - Titzina Teatre), 26 ("Critaturas" - Teatro do Aquí), 27 ("Las cosas también tienen mamá" - La Mona Ilustre), 29 ("Maridos y Mujeres" - Teatro de la Abadía) e 31 de outubro ("Emilia" - Prod. Teatrales Contemporáneas). Tanto os bonos, minibonos e entradas soltas para os espectáculos de sala e do Ciclo OTNI do FIOT 2013 poden comprarse na web www.servinova.com ou no 902 504 500. O teléfono está operativo de 9.00 a 22.00 horas todos os días, excepto domingos e festivos. A páxina web actívase de 9.00 horas dos días indicados para a venda. Os usuarios e usuarias poden escoller a súa localidade en función da dispoñibilidade da mesma e da orde de contacto con Servinova. Así mesmo, a organización quere lembrar que o mércores 2 de outubro finaliza o prazo para anotarse no XIII Concurso de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís". As asociacións e centros escolares de Primaria e Secundaria da comarca de Bergantiños poden participar nesta actividade teatral dirixida aos espectadores máis pequenos poñendo en escena na emisora local Radio Voz un texto teatral de entre 4 e 6 minutos. Entre os gañadores repartiranse premios por valor de 850 €. A inscrición realizarase no Pazo da Cultura (T. 981 704 300), no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro Auxiliar de Cultura ou no fax 981 704 302.

Compartir: