Inicio Carballo ao día Hemeroteca Vendidos en pouco máis dunha hora todos os...

A PARTIR DO LUNS 30: MINIBONOS E ENTRADAS SOLTAS

Vendidos en pouco máis dunha hora todos os bonos para os espectáculos de sala da 22 edición do FIOT

Sábado 28 de setembro do 2013

Hai que recordar que entre as 9 obras incluídas no Programa de Sala, "Distancia siete minutos", dos cataláns Titzina Teatre, é unha estrea a nivel nacional. Ao auditorio carballés subirán ademais 5 estreas en Galicia, espectáculos que aínda se presentarán ante o público no vindeiro mes de outubro, xunto a outros lanzados hai só uns meses, pero avalados pola súa calidade e éxito de público e crítica. En concreto son, "Siglo de Oro, Siglo de Ahora (Folía)" - Ron Lalá, "Maridos y Mujeres" -Teatro de la Abadía, "Emilia" - Prod. Teatrales Contemporáneas, "Symon Pédícrí" - Diego Anido Co. (día 13) e "Sé de un lugar..." - Producciones Prisamata. Estas últimas dentro do Ciclo OTNI dedicado ao teatro contemporáneo. A partir do luns 30 de setembro ás 9.00 horas poderán adquirirse os minibonos A e B e as entradas soltas para a Programación de Sala e o Ciclo OTNI no web www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500. O teléfono está operativo de 9.00 a 22.00 horas todos os días, excepto domingos e festivos e a páxina web actívase de 9.00 horas do día indicado para a venda. Os usuarios poden escoller a súa localidade en función da dispoñibilidade da mesma e da orde de contacto con Servinova. Tanto a Asociación Cultural Telón e Aparte como o Concello de Carballo, organizadores do FIOT, esperan que estes dous tipos de pases teñan a mesma boa acollida que os bonos.

Compartir: