Inicio Carballo ao día Hemeroteca Agotados o Minibono B e as entradas para as...

TICKETS E MINIBONO A Á VENDA EN SERVINOVA.COM E NO 902 504 500

Agotados o Minibono B e as entradas para as funcións de Juan Diego Botto e Malena Alterio da XXII edición do FIOT

Luns 30 de setembro do 2013

Hai que lembrar que o Minibono A inclúe as obras dos días 11 ("André e Dorine" - Kulunka Teatro), 12 ("Eurozone" - Grupo Chévere), 19 ("Siglo de Oro, Siglo de Ahora (Folía)" - Ron Lalá) e 20 ("Un trozo invisible de este mundo" - Prod. Cristina Rota e Teatro Español) e ten un prezo de 35 € máis os gastos de xestión. Os interesados e interesadas en seguir adquirindo as entradas para os espectáculos dispoñibles poden facelo no web <www.servinova.com> ou no 902 504 500. O teléfono está operativo de 9.00 a 22.00 horas todos os días, excepto domingos e festivos. Os usuarios e usuarias poden escoller a súa localidade en función da dispoñibilidade da mesma e da orde de contacto con Servinova. Así mesmo, a organización quere lembrar que o mércores 2 de outubro finaliza o prazo para anotarse no XIII Concurso de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís". As asociacións e centros escolares de Primaria e Secundaria da comarca de Bergantiños poden participar nesta actividade teatral dirixida aos espectadores máis pequenos poñendo en escena na emisora local Radio Voz un texto teatral de entre 4 e 6 minutos. Entre os gañadores repartiranse premios por valor de 850 €. A inscrición realizarase no Pazo da Cultura (T. 981 704 300), no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro Auxiliar de Cultura ou no fax 981 704 302.

Compartir: