Inicio Carballo ao día Hemeroteca Paula Carballeira abre a XV Rúa dos...

ENTRADAS: NOS LOCAIS DE CADA CITA EXCEPTO PARA "ULTRANOITE"

Paula Carballeira abre a XV Rúa dos Contos, nunha edición que ofrece un total de 14 espectáculos durante dúas fins de semana

Mércores 2 de outubro do 2013

Ademais, este ano, aos escenarios habituais de pubs, cafeterías e tascas súmase unha innovadora proposta que sube ata o segundo andar do Mercado Municipal de Carballo. O Grupo Chévere estrea este novo espazo escénico para a Rúa dos Contos con "Ultranoite". As entradas, cun custe de 6 €, están á venda na web www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500 ata o próximo venres 4. Para o resto de espectáculos, os pases pódense mercar o día da función ou con antelación nos locais participantes. Na primeira fin de semana da Rúa dos Contos, os espectáculos que visitan os locais hostaleiros de Carballo son "Historias dos tres avisos" de Paula Carballeira, o xoves 3 na cervexaría A Bombonera (21.30, 2 €). O venres 4 Santi Prego abre a xornada co contacontos infantil "O teatro máis pequeno do mundo" na Ludoteca Municipal (18.00, libre) e xa pola noite toman o relevo María da Pontragha con "Contos dos que non hai", no bar O’Pescador (21.00, libre); Tanxarina Títeres con "O xeneral" en A Barra Bar (23.30, 2 €); e por último, Illanes con "Solista por narices" no pub A Reserva (00.30, 2 €).

O sábado 5, Os regueifeiros de Xornes atraen ao público ata o mesón A Cabaña coas súas "Regueifas" (21.00, libre); e logo, os espectadores desprázanse pola mesma rúa ata a Cafetaría Valle Inclán para ver a "Aldaolado" e o seu espectáculo "Con 10 poemas por barba" (23.30, libre). Cerra a noite Avelino González con "Sereas e porcos e bicos de tornillo" na Cafetaría Colón (00.30, libre). O domingo 6 é a quenda do Grupo Chévere con Ultranoite no Mercado Municipal (21.00, 6 €). Será hora e media de espectáculo gamberro, teatro de variedades cheo de improvisacións no que o público poderá asistir a unha nova forma de diversión. Todos os locais que participan na Rúa dos Contos 2013 son os seguintes: Mesón A Cabaña, Cafetería Valle Inclán, Bar A Barra, Bodegón O Pescador, Cafetería Colón, Vinoteca La de Bur, Cervexaría A Bombonera, Pub O Patacón, Pub A Reserva e Cervexaría Dublín.

Compartir: