Inicio Carballo ao día Hemeroteca Grupo Chévere achega a Carballo...

A COMPAÑÍA TAMÉN PRESENTA "EUROZONE" NA PROGRAMACIÓN DE SALA

Grupo Chévere achega a Carballo "Ultranoite", un cabaré distinto que se converte nunha "revista satírica de actualidade"

Xoves 3 de outubro do 2013

Dende as súas orixes na desaparecida Sala Nasa en Santiago, "Ultranoite" sae agora da capital de Galicia expandindo as súas fronteiras e chegando ao segundo andar do Mercado Municipal nun xeito de aproveitar espazos novos e distintos, en verbas da Concelleira de Cultura, Mar Eirís. Ademais de "Ultranoite", Chévere presenta na programación de sala do FIOT o sábado 12 de outubro "Eurozone". Neste caso De Lira explica que é unha produción estreada na primavera deste ano que pouco a pouco se fixo un oco na programación do teatro galego e español, recibindo o Premio do Público do Festival de Cangas e conseguindo viaxar a Madrid da man do Centro Dramático Nacional para estar no Teatro Valle-Inclán de Lavapiés durante catro semanas no mes de novembro. Trátase dunha proposta "en clave de thriller", subliña De Lira, que con oito actores inspírase na película "Reservoir Dogs" de Tarantino para facer un "percorrido a través do hiperrealismo europeo" pero coa "fantasía e o imaxinario de Tarantino". Nestes momentos as entradas para "Eurozone" xa están agotadas.

Obradoiro do espectador o xoves 10 de outubroAdemais dos traballos de cara ao público, Grupo Chévere completa a súa participación no FIOT coa celebración dun Obradoiro do espectador. Trátase dunha proposta para mellorar a comprensión e o goce das obras de teatro, unha oportunidade para a formación e o intercambio cultural arredor das artes escénicas. Está dirixido tanto a espectadores experimentados como a persoas que se queiran iniciar no teatro, e que pode interesar a estudantes, profesionais, afeccionados e veciños e veciñas. O obxectivo da cita é enriquecer e aumentar a experiencia do teatro porque ofrece ferramentas para coñecer desde dentro unha produción teatral, permite compartir en grupo as inquedanzas e dúbidas dos espectadores e facilita un contacto directo cos artistas. No obradoiro traballarase fundamentalmente na mirada, apoiándose na proxección de diferentes vídeos. A cita é o xoves 10 de outubro a partir das 20.00 horas no salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura e a entrada é libre para quen queira asistir.

Compartir: