Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo fai público o marco orzamentario...

A CIFRA PARA INVESTIMENTOS REAIS MEDRARÍA UN 53 POR CENTO

Carballo fai público o marco orzamentario para o período 2013-2016 cunha previsión presupostaria para 2014 de 23,2 millóns

Venres 4 de outubro do 2013

No que respecta á evolución orzamentaria para 2015 e 2016, e aínda que tanto Ferrero como Lendoiro advirten que as cifras poden variar, especialmente polo feito de que en 2015 celébranse eleccións municipais e haberá nova corporación, as previsións para 2015 son dun orzamento de 22.548.370,91 euros no capítulo de ingresos e de 22.122.777,11 euros no capítulo de gastos. Para 2016, as cifras serían de 22.278.830,91 euros para ingresos e de 20.515.833,55 euros para gastos. En todo caso, a previsión para 2014 é a que admite unha maior precisión, xa que a Concellaría de Facenda xa está traballando na elaboración dos orzamentos. Examinando a previsión das contas para o próximo exercicio capítulo a capítulo, no apartado de Ingresos, nos capítulos 1 e 2 de impostos directos e indirectos tales como o IBI, o IAE, as Plusvalías. o imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, ou o imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, Ferrero subliña que se teñen realizado uns cálculos extremadamente "prudentes" baseados nos dereitos de 2013 que poden continuar no futuro, ou incluso baixando as cantidades, especialmente no caso dos ingresos por obras, que pasan de 60.000 euros en 2013 a 50.000 en 2014, 2015 e 2016. No capítulo 3 de taxas e prezos públicos a suba respecto de 2013 é dun 7,09 por cen, en parte pola incorporación do Padroado e tamén polo incremento dos saneamentos no rural.

No que respecta ao capítulo 4 de Transferencias Correntes, as previsións diminúen un 4,4 para 2014. Inclúense neste capítulo os tributos do Estado, nos que a previsión recadatoria permanece inalterable de cara o futuro, aínda que o Alcalde espera que "o Estado vaia mellorando o financiamento das administracións locais". Respecto das achegas doutras administracións, calcúlase á baixa cun descenso dun 12,57 debido á tendencia dos últimos anos de diminución das contribucións do Estado, Deputacións, Consellerías, etc. Os ingresos patrimoniais redúcense nun 22,62 por cen e o capítulo 7 de transferencias de capital increméntase un 101,21 por cento fundamentalmente polo proxecto Anllóns-Bardoso que fai pasar a cifra de 1.490.971 euros a 3.000.000 euros. No que respecta ao apartado de Gastos o informe do marco orzamentario para 2014 reflicte unha taxa de variación positiva do 5,80 por cento para o capítulo 1 de gastos de persoal, un incremento debido tamén, fundamentalmente, á incorporación dos traballadores e traballadoras do Padroado Deportivo ao persoal do Concello. Debido ao mesmo motivo soben os gastos correntes en 2014 nun 2,37 por cento respecto de 2013. O capítulo 3 de gastos financeiros está previsto que diminúa progresivamente ata 2016 pasando case á metade dende 2013 debido á baixada no importe dos créditos.

O índice de aforro bruto do Concello é dun 36 por cento

As transferencias correntes ou achegas do Concello baixan en preto de 400.000 euros e un 31,43 por cento, tamén pola incorporación do Padroado, principal organismo beneficiario até o de agora das transferencias, que serían de 866.882 euros en 2014. Xa se mencionou que os investimentos reais soben nun 53 por cento, mentres que nas transferencias de capital inclúense 30.000 euros, aínda que non se descarta que esa cifra poida incrementarse, xa que, como todo o resto do documento, trátase dunha estimación e non das cifras reais do orzamento de 2014. Respecto do capítulo 9 de pasivos financeiros, está previsto liquidar un crédito en 2014, e ir baixando a cantidade para amortizar os créditos nun 44,71 por cen en 2015 e nun 67,12 por cento en 2016. O Alcalde subliña a boa saúde financeira do Concello, cun índice de aforro bruto dun 36,7 por cento e neto do 32,8, superiores aos do ano anterior. A débeda por habitante estaría situada en 117,72 euros e o grao de liquidez, que se considera idóneo se é superior ao 2 está nun 9,94, o que significa que as contas dispoñen de case dez veces máis activo que pasivo. Así mesmo, a "débeda viva" do Concello é dun 4,53 por cento, cando o límite que permite o Estado está nun 110 por cen. Aínda que este marco orzamentario é un documento orientativo e non ten que cadrar necesariamente cos orzamentos de 2014 e sucesivos, si ofrece índices aproximados sobre a situación económica do Concello.

Compartir: