Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa no Fórum a oferta...

ARRINCA O MARTES 8 DE OUTUBRO O CURSO DE CALIDADE TURÍSTICA

Continúa no Fórum a oferta formativa para o sector turístico: aínda está aberto o prazo para participar en Impactic Carballo

Luns 7 de outubro do 2013

Respecto da información dos cursos máis polo miúdo, o Curso de Aproximación á calidade turística consta de catro sesións presenciais -os días 8, 10, 15 e 17 de outubro en horario de 16.30 a 19.30 horas- e busca un achegamento aos conceptos e á filosofía da calidade turística, xa que a través da súa implantación ofrécese ao sector a posibilidade de mellorar a súa viabilidade económica, de acadar unha maior satisfacción do cliente e de contribuír a proporcionar unha imaxe máis atractiva do territorio. O Curso Impactic Carballo consta de tres sesións presenciais -30 de setembro e 14 e 28 de outubro de 16.30 a 20.30 horas- e unha titorización que se desenvolverá a nivel individual. É unha acción formativa que está enfocada a profesionais que queiran mellorar o seu coñecemento de internet, as redes sociais e o comercio electrónico. Todas as sesións son no Fórum Carballo, os cursos son gratuítos e a inscrición aínda pode facerse través do enderezo electrónico <museo@carballo.org> ou nos teléfonos 981 702 077 / 981 709 011.

Compartir: