Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xestur oferta un plan con importantes descontos...

A REBAIXA ACUMULADA PODE CHEGAR ATA O 30 POR CENTO

Xestur oferta un plan con importantes descontos para a adquisición de parcelas no Parque Empresarial de Bértoa

Venres 11 de outubro do 2013

Aos descontos que ofrece Xestur A Coruña, hai que engadir que o Concello de Carballo ofrece unha bonificación do 95 por cento para o Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras (ICIO) en función do investimento realizado e do número de empregos que se creen. Así, o investimento mínimo debe ser de 100.000 euros e debe crearse alomenos un emprego estable. Os interesados e interesadas en obter máis información poden consultar nesta mesma nova un documento en pdf no que se realiza un relatorio de cada unha das parcelas que están á venda no Parque Empresarial carballés incluíndo o uso, a superficie, a ocupación máxima, a edificabilidade máxima, o prezo inicial sen IVE e todos os descontos aplicables. Así mesmo, pode consultarse o web de Xestur A Coruña. Hai que lembrar que o Parque Empresarial de Bértoa vén de pasar por un proceso de ampliación polo que na actualidade conta con outros 718.000 metros cadrados e con máis de 45 hectáreas de chan industrial distribuído nun total de 128 parcelas de nova creación. Da superficie total, 458.619 metros cadrados son para uso empresarial e os 259.863 metros cadrados restantes están destinados a solo de cesión, zonas verdes, novas vías, zonas de aparcamento e parcelas de servizos técnicos e equipamento público.

Compartir: