Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo pon en marcha a partir de novembro novos...

INSCRICIÓNS ATÉ O 30 DE OUTUBRO

Carballo pon en marcha a partir de novembro novos cursos dentro do Plan de Formación Integral para emprendedores

Mércores 16 de outubro do 2013

Xa en 2014, a partir do 7 de xaneiro, o Módulo VIII aborda a xestión da calidade durante 8 horas formativas. O Módulo IX estuda a xestión dos stocks e a preparación de pedidos ao longo de 10 horas e para rematar, o último dos cursos, o Módulo X, ofrece as claves sobre a xestión de clientes durante 20 horas formativas. Hai que lembrar que todos os cursos teñen carácter gratuíto e están impartidos por profesionais cualificados. O obxectivo do Plan de Formación Integral para emprendedores é o de axudar aos interesados e interesadas para que poidan poñer en marcha a súa propia idea de negocio no municipio, dotándoos da formación necesaria para que poidan facer o seu proxecto realidade ou para que o que xa teñen en marcha teña posibilidades de perdurar. Hai que lembrar, así mesmo, que o obxectivo é que esta iniciativa teña continuidade para que poidan acceder a ela o maior número de persoas. De feito, a primeira fase deste plan tivo lugar no primeiro semestre do ano 2013, rematando no mes de xuño coa entrega de diplomas (na imaxe, un momento do acto). Agora volve a poñerse en marcha coa chegada do outono con novos cursos formativos.

Compartir: