Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo celebra a única Oktoberfest...

ENTRE O 24 E O 27 DE OUTUBRO NUNHA CARPA NA RÚA PERÚ

Carballo celebra a única Oktoberfest oficial de Galicia con música en vivo, gastronomía e a tradicional cervexa muniquesa

Venres 18 de outubro do 2013

O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, resalta a importancia da Oktoberfest como una cita capaz de xerar visitas á vila e que serve de "colofón" á programación cultural e musical que ten lugar en Carballo dende a primavera e durante todo o verán. Fernández Cancela tamén salienta que hai locais hostaleiros da capital municipal que xa teñen reservas para pasar a noite nas datas da Oktoberfest. Explica que a iniciativa ten un orzamento de 40.000 euros, pero que a repercusión económica na vila durante esa fin de semana pode ser de entre 70.000 e 80.000 euros, o que anima a intentar que siga medrando en edicións sucesivas. Así, a organización espera incluír o ano que vén a marca Pan de Carballo ou que a carpa acolla algunha das citas do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), para seguir apostando por diversificar a Oktoberfest e inserila na programación cultural do Concello. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo na presentación da cita xunto con Fernández Cancela e Regueira, e tamén acompañado por Alejandro Rodríguez Suárez, integrante da organización, quixo desexar que siga aumentando a afluencia a esta festa e que redunde positivamente no sector hostaleiro carballés.

Entre as curiosidades sobre a Oktoberfest alemana, hai que mencionar que é unha festa nacida como unha despedida de solteiro para un nobre alemán o 17 de outubro de 1810 e que a cervexa que se sirve ten que ser tan só de cinco marcas específicas de Munich, como son Spaten ou Paulaner. No que respecta á Oktoberfest de Carballo, o recinto é quen de acoller a máis de 600 persoas sentadas nas bancadas corridas. Os interesados e interesadas poden obter máis información no Facebook oficial da Oktoberfest nunha ligazón nesta mesma nova. Tamén é posible descargar os horarios de cada día coas actuacións nun documento en pdf.

Compartir: