Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición "Enarborar o...

PARTICIPAN NA MOSTRA MÁIS DE 20 ARTISTAS

A exposición "Enarborar o bosque", centrada na defensa do medio ambiente: no Fórum Carballo até o 15 de novembro

Luns 21 de outubro do 2013

Ferrero quixo resaltar a importancia de que os veciños e veciñas se identifiquen coa terra "para aprender a traballala todos unidos, e traballala sen a mancar". Para o Alcalde, o proxecto da mina de Corcoesto "transcende a varias xeracións" polo que debería ser co acordo " de toda a tribo de Bergantiños" procurando deixar un medio ambiente e unha terra da que poidan gozar os veciños e veciñas no futuro. De feito, numerosos veciños e veciñas que acudiron para observar a mostra, que estivo acompañada na súa apertura por recitados de poemas e música en directo a cargo de Tonnhito de Poi e Roberto Sobrado. Ademais, na exposición estase a elaborar un novo milladoiro para Corcoesto, trala destrución do creado na romaría artística do 1 de xuño por sectores a prol da mina. Os milladoiros son conxuncións de pedras aos que a tradición lles asigna un carácter máxico. O destruído en Corcoesto, no camiño á antiga mina, estaba conformado por pedras intervidas de artistas como Helena Villar Janeiro, Francisco Fernández Naval, Tati Mancebo, Iolanda Aldreu, Carlos Botana ou Mercedes Molares. O novo está a ser erguido en Carballo e logo será trasladado a Corcoesto. A exposición tamén poderá verse en 2014 na galería compostelá El Taller.

Os interesados e interesadas en gozar dela até o 15 de novembro, poden facelo no Fórum en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Compartir: