Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión de Coordinación Social...

ESTÁ PREVISTO QUE A PROPOSTA SE INCLÚA NO PLENO DE NOVEMBRO

A Comisión de Coordinación Social ultima o borrador para a creación dunha Bolsa de Vivenda Social con alugueres reducidos

Mércores 23 de outubro do 2013

En canto ás condicións para as persoas que xenerosamente cedan a súa vivenda baleira, segundo o borrador, os veciños e veciñas que permitan que a súa propiedade pase a formar parte da Bolsa recibirán 250 euros anuais do Concello para afrontar os gastos derivados do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) e a taxa do lixo. Ademais desta axuda anual, tamén habería outras vantaxes e garantías, como son a busca e selección dos/as inquilinos/as; garantías de conservación da vivenda coa subscrición dun seguro multirrisco do fogar; e garantías en caso de non pagamento coa subscrición dun seguro de caución que inclúe reclamacións das rendas non pagadas, suxeito ás condicións da aseguradora. O obxectivo final é acadar a resposta dos particulares que contan con vivendas baleiras para que contribúan á oferta da Bolsa de Vivenda. Os interesados e interesadas en obter máis información poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carballo situado na planta baixa da Casa do Concello ou chamar ao teléfono 981 704 706. Tamén é posible descargar o cartel promocional coa información sobre a iniciativa nesta mesma nova.

Compartir: