Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a Oktoberfest con música, cervexa...

SÁBADO 26: CONCERTO LEMBRANZA ROCK

Arrinca a Oktoberfest con música, cervexa muniquesa e comida tradional alemá: ata o domingo 27 na contorna da Rúa Perú

Venres 25 de outubro do 2013

A Oktoberfest é unha das máis concorridas festas populares do mundo. Cada ano, ao redor de seis millóns de persoas achéganse a Munich nas dúas semanas que dura a festa. Entre as curiosidades sobre a Oktoberfest alemá, hai que mencionar que é unha festa nacida como unha despedida de solteiro para o príncipe Luis I de Baviera o 17 de outubro de 1810 e que a cervexa que se sirve ten que ser tan só de cinco marcas específicas de Múnic, como son Spaten ou Paulaner. Celébrase entre os meses de setembro e outubro, e comeza sempre o primeiro sábado despois do 15 de setembro. Tal é o seu éxito que, hoxe en día, tamén se celebra en varias cidades do mundo. No que respecta á Oktoberfest de Carballo, o recinto é quen de acoller a máis de 600 persoas sentadas nas bancadas corridas. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, foi o encargado da inauguración oficial da cita o xoves 24 de outubro, acompañado por algúns dos responsables da organización. Os interesados e interesadas poden obter máis información no Facebook oficial da Oktoberfest nunha ligazón nesta mesma nova. Tamén é posible descargar os horarios de cada día coas actuacións nun documento en pdf.

Compartir: