Inicio Carballo ao día Hemeroteca O compromiso "Galeg@ para sempre"...

MÉRCORES 30 DE OUTUBRO NO SALÓN DE PLENOS

O compromiso "Galeg@ para sempre" fomenta o uso do idioma para podermos ser lembrados en galego

Luns 28 de outubro do 2013

Na actualidade, a presenza da nosa lingua despois da morte é moito inferior que na vida. Quen, desde fóra, visite un camposanto, por exemplo, podería pensar que o galego non existe, pois alí a súa presenza é practicamente nula. Mentres nas "parroquias dos vivos" a maioría da xente se relaciona normalmente en lingua galega, os datos estatísticos indican que só unha de cada mil lápidas das "parroquias dos mortos", dos cemiterios, e só un 2% das notas necrolóxicas dos xornais, están en galego. Deste xeito, cómpre dar pasos para que, tamén despois da morte, o maior patrimonio común de todas as galegas e galegos, teña presenza, sexa visible, exista. Dar pasos para que, quen en vida usou o galego, tamén sexa lembrado/a nesta lingua. Este acto público está previsto para o mércores 30 de outubro, ás 20.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Carballo. Na imaxe pode observarse un momento do acto de sinatura realizado por primeira vez en 2012.

Compartir: