Inicio Carballo ao día Hemeroteca Seis grupos de afeccionados ao teatro...

FINAL: DOMINGO 3 DE NOVEMBRO ÁS 18.00 HORAS

Seis grupos de afeccionados ao teatro radiofónico defenden as súas interpretacións na final do Concurso Xosé Manuel Eirís

Xoves 31 de outubro do 2013

A final está programada para o domingo 3 de novembro ás 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, con entrada libre ata completar aforo. Será a última actividade da 22 edición do FIOT, que se despide así ata o próximo ano. Durante o acto, en directo, os grupos finalistas seleccionados polo xurado a través das gravacións de RadioVoz Bergantiños volverán a ler diante do público os seus fragmentos teatrais. Tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios patrocinados pola Libraría Brañas, que consistirá en libros e material didáctico por un importe total de 850 euros. Xa para cerrar a final, e o programa das actividades paralelas, haberá unha chocolatada para os cerca de 150 pequenos actores e actrices, que ademais recibirán un agasallo e un diploma. O XIII Concurso de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" conta co patrocinio de RadioVoz Bergantiños, Libraría Brañas, Editorial Primera Persona e Begano. Na imaxe, pode verse a final de hai dous anos.

Compartir: