Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados en Xunta de Goberno os expedientes de...

ADXUDICADO O SOTERRAMENTO DE LIÑAS ELÉCTRICAS NA PIÑA

Aprobados en Xunta de Goberno os expedientes de contratación para as actuacións do Plan de Obras e Servizos 2013

Luns 4 de novembro do 2013

Fóra da orde do día, pero tamén no apartado de contratación, a sesión da Xunta de Goberno Local supuxo así mesmo a adxudicación do contrato administrativo de obras de "Soterramento de infraestruturas eléctricas en A Piña", unha actuación co financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Trátase dunha actuación realizada pola agrupación dos concellos de Carballo e A Laracha e que foi adxudicada a Hidroelétrica de Laracha SL por un importe de 108.344,03 euros, IVE incluído. A subvención concedida é de 100.000 euros, dos que 89.997,10 euros correspóndenlle ao Concello carballés e 10.002,90 ao Concello da Laracha. O prazo de execución do proxecto é de tres semanas a contar dende o sía seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replantexamento. No apartado de convenios, deuse conta dun de colaboración entre o Concello de Ordes e o Concello de Carballo para a realización de prácticas tuteladas non laborais incluídas no programa formativo, 120 horas, de alumnos e alumnas da acción formativa AFD (Accións Formativas para Desempregados) de atención socio sanitaria a persoas dependentes no domicilio". Por último, a sesión supuxo a aprobación de cinco licenzas de obra, dúas licenzas de obra e apertura, de dúas licenzas de primeira ocupación e, fóra da orde do día, dunha segregación de parcelas no lugar de Arganosa, parroquia de Rus.

Compartir: