Inicio Carballo ao día Hemeroteca Senda Nova emprende por segundo ano consecutivo o...

PARTICIPAN RAPACES E RAPAZAS DOS COLEXIOS DE CARBALLO

Senda Nova emprende por segundo ano consecutivo o obradoiro ambiental para nenos e nenas de Primaria Sendas Carballo

Martes 5 de novembro do 2013

De feito, o domingo 3 de novembro realizouse a primeira saída ao espazo natural de Razo-Baldaio na que os participantes gozaron in situ de algúns dos contidos que xa recibiron o sábado. Ao obradoiro poderanse seguir inscribindo rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º dos centros de ensino de Primaria de Carballo e nel estudarase o patrimonio ambiental e cultural do Concello, ademais de realizarse un achegamento á natureza a través de actividades deportivas no medio. O prezo do obradoiro é de 10 € de axuda por mes. Os interesados e interesadas, ademais de obter información contactando con Senda Nova (no enderezo electrónico <sendanova@hotmail.com> e nos teléfonos 636 326 083 e 696 155 232) poden informarse no seu colexio, onde poden cubrir a ficha de inscrición. As sesións divídense en sesións de aula e sesións do medio. As primeiras son todos sábados de 10.00 a 13.30 horas. Divídense a súa vez nunha parte máis teórica e outra parte de traballos prácticos para acadar os obxectivos mencionados. As sesión de medio son principalmente os domingos e duran unha xornada completa. Constan de saídas por todas as parroquias do Concello e inclúen actividades como o sendeirismo.

Os interesados e interesadas tamén poden obter máis información consultando nesta mesma nova o web da Asociación Ambiental Senda Nova.

Compartir: