Inicio Carballo ao día Hemeroteca Reave pón en marcha a segunda...

PARTICIPAN 12 CENTROS DE ENSINO DE CATRO MUNICIPIOS

Reave pón en marcha a segunda edición do Concurso "Carballo tamén en botella" para fomentar a reciclaxe de aceite usado

Martes 5 de novembro do 2013

A entrega de premios está prevista para primeiros do mes de xuño e o primeiro clasificado recibe un lote de material escolar e un lote de libros, mentres que o segundo premio é un lote de libros. En cada centro a organización coloca un colector especialmente adaptado para a recollida de botellas de plástico cheas de aceite vexetal usado. Os/as alumnos/as encargaranse de recordar nos seus fogares a necesidade de gardar o aceite de cociña usado nunha botella de plástico, para unha vez chea introducila no colector habilitado no centro educativo no que se encontre estudando. Periodicamente, realizarase a revisión do colector, e de ser necesario realizarase a substitución por outro baleiro. Cada vez que se retiren botellas de aceite pesarase o contido (aceite) e entregarase ao coordinador do Centro un albará como xustificante da cantidade recollida. Ademais, nos centros que participan por primeira vez na iniciativa (os dos concellos de Malpica e A Laracha) impartiranse obradoiros sobre reciclaxe, recollida selectiva de residuos e recollida e reciclaxe de aceite de cociña usado (na imaxe un dos impartidos o curso pasado no CEIP A Cristina). Nos que xa teñen participado na primeira convocatoria, a mediados de curso realizarase unha visita para falar sobre a marcha do concurso e lembrar algúns conceptos sobre a reciclaxe.

Compartir: