Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo principia un mes contra a violencia de...

A PARTIR DO 11 DE NOVEMBRO

Carballo principia un mes contra a violencia de xénero con cine, obradoiros, exposicións e a tradicional Feira das Asociacións

Mércores 6 de novembro do 2013

Cada ano o Concello presta especial atención nos actos conmemorativos do 25 de novembro ao alumnado dos centros de ensino. Por iso, ademais do espectáculo musical, haberá unha serie de obradoiros sobre prevención da violencia centrados no tema "Os medios de comunicación e a violencia de Xénero". Neles participarán todos os alumnos/as de 5º de Primaria. Esta actividade terá lugar entre o luns 11 e o venres 22 de novembro. Tamén haberá talleres sobre a mesma temática nos IES da vila a cargo dunha xornalista e nas mesmas datas pero cos alumnos e alumnas de 3º de ESO. Así mesmo, repartiranse libros en todos os centros educativos para que os/as nenos/as traballen nas aulas o tema da violencia de xénero. O cine é outra das citas habituais nos actos do 25 de novembro, e este ano os días 26, 27 e 28 de novembro, en colaboración coa Fudación Lumière, terá lugar a proxección de distintas películas. Son "Bienvenido al Hormiguero", "Sang Woo y su abuela" y "Cobardes" para os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria e 2º de ESO. Abordan diferentes aspectos da violencia na sociedade, na familia e nas aulas. As proxeccións serán no Pazo da Cultura a partir das 10.30 horas.

E por último, como xa vén sendo habitual, Carballo celebra unha Feira das Asociacións. A cita acolle stands cunha representación das principais entidades asociativas do municipio para amosar o traballo que desenvolven a prol dos servizos sociais e da defensa dos dereitos das mulleres. Así mesmo, na sesión plenaria deste mes de novembro inclúese na orde do día a aprobación dunha Declaración Institucional contra a violencia de xénero (25 de novembro). Nela o Concello comprométese, entre outras cousas, a impulsar unha política municipal activa, integral e coordinada a favor de igualdade e contra a violencia de xénero. O mesmo día da feira, está previsto que distintas autoridades apoien este manifesto a prol da igualdade de xénero, entre eles representantes da corporación, das forzas e corpos de seguridade e da Subdelegación do Goberno na Coruña.

Compartir: