Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entrega de diplomas do curso "Xestión...

O CURSO PLAN XERAL CONTABLE PRINCIPIA O 11 DE NOVEMBRO

Entrega de diplomas do curso "Xestión dun comercio" dirixido a usuarios e usuarias da Bolsa de Traballo Municipal

Xoves 7 de novembro do 2013

Entre os contidos que se abordaron en "Xestión dun comercio", están a estratexia e viabilidade do negocio; a organización dos procesos de venda e as técnicas empregadas, como a venda online; as operacións auxiliares á venda, como informatización do comercio, presentación de produto, seguridade, recursos humanos ou almacenaxe; e información e atención ao cliente/consumidor-a/usuari@. O próximo curso titúlase "Plan Xeral Contable", tamén terá 60 horas de duración e está previsto que a acción formativa dure tres semanas a partir do luns 11 de novembro en horario de 9.00 a 13.00 horas. Está dirixido a usuarios e usuarias da BDT, con perfil académico de ciclos formativos medios ou superiores (FPII, Diplomaturas, Licenciaturas, Graos, etc.) en temas relacionado coa contabilidade (Administración e Finanzas, Empresas, Economía, Administrativo, etc.). Trátase dunha actividade eminentemente práctica e a BDT xa ten enviando as notificacións ás persoas que encaixan neste perfil para poder finalizar a selección. Pode obterse máis información no Fórum Carballo, na Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n do barrio da Milagrosa. O teléfono de contacto é o 981 709 010.

Compartir: