Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a fase final da Copa Galicia de...

NO PAVILLÓN VILA DE NOIA O 10 DE NOVEMBRO

Carballo acolle a fase final da Copa Galicia de Baloncesto en categoría infantil na que participa o Basket Xiria

Xoves 7 de novembro do 2013

Pola súa banda, Diego Vázquez, presidente de Escola Basket Xiria, subliñou que esta cita é "un paso máis" para o club na organización de eventos deportivos. Agradeceu a predisposición da Federación Galega, que "enseguida aceptou a proposta" e subliña que Carballo está camiño de converterse nunha "referencia" no baloncesto de base. Por último, desexou que a cita sexa un "éxito de participación e público". Pechou o acto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo na cita acompañado do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. Ferrero felicitou á Escola "polo excelente traballo que están a facer" e considera que esta cita "é unha oportunidade magnífica para gozar do baloncesto". Manifestou a vontade do Concello de seguir "sempre apoiando o deporte de base", nun municipio en que hai equipos federados en case todas as disciplinas deportivas dispoñibles para cativos e cativas. Por último, este torneo no que tres dos catro equipos que participan chegaron invictos á fase final, (todos excepto o Vilagarcía), está organizado, ademais de pola Escola Basket Xiria, polo Concello de Carballo e a Fegaba. Colaboran a Deputación da Coruña, Carballo Deporte, Conservas Calvo e Construcciones Ramón Vázquez y Reyno.

Compartir: