Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo Limpo e Sogama colaboran nunha...

DOMINGO 10 DE NOVEMBRO NA FEIRA DOMINICAL

Carballo Limpo e Sogama colaboran nunha campaña de promoción da reciclaxe co obxecto de reducir o nivel de impropios

Venres 8 de novembro do 2013

Ao longo das últimas décadas, o traballo das entidades que velan pola mellora e conservación do Medio, especialmente a favor da reciclaxe e da reutilización dos envases, obxectos, ferramentas e electrodomésticos cotiáns que protagonizan a nosa vida diaria, trouxo consigo unha progresiva concienciación de os consumidores, que cada vez son máis conscientes da importancia de "reducir, reutilizar e reciclar". Pero paradoxicamente, unido á boa vontade do consumidor concienciado, a día de hoxe existen aínda algunhas dúbidas á hora de separar correctamente os residuos nos fogares. É que se coñece co nome de "impropios", é dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada no colector de reciclaxe. Segundo datos de Ecoembes, o 22,9 por cento dos residuos do colectores amarelos e azuis (envases de plástico, latas e cartóns) e o 2 por cento do colector verde (residuos non reciclables) son impropios. Deste modo, os principais residuos impropios que se depositan no colector amarelo son perchas, xoguetes, pequenos electrodomésticos, roupa, discos compactos, fitas de vídeo ou audio, cueiros ou envases doutros materiais como caixas de cartón ou tarros e botellas de vidro.

E no que se refire ao colector verde, aínda que o consumidor "acerta" máis á hora de depositar os seus residuos, aínda se encontran materiais e restos especiais que terían un destino máis favorable e seguro se se levasen a un Punto Limpo (cerámica, porcelana, vasos e copas de cristal, envases de medicamentos, etc.) Por este motivo, dende principios do pasado xullo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, xunto con Ecoembes, Sogama, Ecopilas, ERP e Ecolec puxeron en marcha unha campaña encamiñada a informar e concienciar sobre a recollida selectiva e a reciclaxe en concellos, asociacións e colexios públicos galegos. O Concello carballés, a través de Carballo Limpo, tense sumado agora a esta iniciativa, que o domingo 10 chega á feira dominical para ofrecer información aos veciños e veciñas.

Compartir: