Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa do Novembro con Música 2013...

SÁBADO 9 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

O programa do Novembro con Música 2013 arrinca coa mostra de composicións tradicionais galegas Sons de aquí

Venres 8 de novembro do 2013

Os motivos do éxito de Sons de Aquí con, por unha banda, a cantidade de grupos participantes -que chama a moitos familiares e amigos- e por outra, o seu carácter próximo, debido ao repertorio que interpretan, xa que a música tradicional, lonxe de pasar desapercibida ou considerarse das máis socorridas por ser a nosa, segue estando en pleno auxe. A entrada ao auditorio é libre ata completar aforo. A seguinte cita do Novembro con Música será o festival pop-rock Live in Cances, organizado pola Asociación Cultural San Campio de Cances, coa participación dos grupos The Gentlemen Band, Versión Imposible, The Killer Cats e Malavida. A cita está prevista para o venres 15 de novembro no Local Social de Cances ás 22.00 horas. O sábado 16 será o primeira quenda das música coral co Festival de Corais organizado polo Concello de Carballo e as Agrupacións Musicais de Carballo, ás 21.00 horas. Participarán a Agrupación Polifónica de Carballo, o Coro Aires de Bergantiños e a Coral Polifónica de Bergantiños.

Compartir: