Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principia nas aulas do Fórum Carballo o...

PRÁCTICAS DOS CURSOS AFD DE ELECTRICIDADE, COCIÑA E SOLDADURA

Principia nas aulas do Fórum Carballo o curso "Plan Xeral Contable" do que se benefician 20 usuarios e usuarias da BDT

Luns 11 de novembro do 2013

Son accións dirixidas a persoas desempregadas e estanse desenvolvendo dende mediados do verán aproveitando as instalacións dos talleres de hostalería, electricidade e soldadura situados nas naves do Fórum. No caso do curso de cociña colaboran nove empresas e o período de prácticas transcorre entre o 25 de novembro e o 9 de decembro; no de instalacións electrotécnicas colaboran seis empresas e as prácticas comezaron o venres 8 de novembro e duran até o 21 do mesmo mes; e por último, no de soldadura as prácticas empresariais transcorren entre o 29 de novembro e o 5 de decembro e colaboran sete empresas. Todas as entidades que acollen ao alumnado de prácticas desenvolven actividades directamente relacionadas cos contidos do curso. Cada acción formativa conta un total de 15 alumnos e alumnas que, despois da súa experiencia práctica, rematarán o curso co desenvolvemento dos dous últimos módulos. O primeiro trata sobre Formación para a igualdade e o segundo sobre Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero.

Para obter máis información sobre os cursos e actividades da Bolsa de Traballo Municipal ou sobre a oferta de cursos formativos tanto AFD como doutra natureza que se desenvolven no Fórum Carballo no marco do Centro Municipal de Formación, os interesados e interesadas poden dirixirse ao propio Fórum Carballo, na Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n do barrio da Milagrosa. Ou ao teléfono de contacto 981 709 010. Así mesmo, a BDT dispón dunha conta de Twitter @bdtcarballo.

Compartir: