Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e Urbaser emprenden a través de...

UXÍA E ANTÓN SENSIBILIZAN AOS CATIV@S SOBRE O MEDIO AMBIENTE

O Concello e Urbaser emprenden a través de Carballo Limpo unha campaña de divulgación da reciclaxe nos centros de ensino

Xoves 14 de novembro do 2013

Durante pouco máis de media hora e entre continuas gargalladas os cativos e cativas aprenderon o uso de cada un dos colectores: amarelo, verde, azul, laranxa e iglús; coñeceron a importancia da reciclaxe dos medicamentos e das pilas usadas; e tamén puideron saber que facer cos electrodomésticos usados e cos cans que se atopan perdidos pola rúa. Despois da acción divulgativa, os nenos e nenas recibiron un folleto con toda a información relativa a Carballo Limpo, cos datos de contacto actualizados de acordo coa nova empresa concesionaria e cos novos horarios de funcionamento do Punto Limpo e do Punto Limpo Móbil, pero respectando o deseño realizado no seu día por Alberto Gende. A programación das accións nos centros de ensino para os próximos días é a seguinte:

  • CEIP FOGAR: luns 18 ás 10.00 horas
  • CEIP NÉTOMA RAZO: luns 18 ás 12.50 horas
  • CEIP GÁNDARA SOFÁN: xoves 21 ás 10.10 horas
  • CEIP A CRISTINA: xoves 21 ás 13.15 horas

Compartir: