Inicio Carballo ao día Hemeroteca O proceso de revisión de alegacións...

NOVA COMISIÓN: MÉRCORES 20 DE NOVEMBRO ÁS 16.30 HORAS

O proceso de revisión de alegacións do PXOM entra na súa recta final despois de máis de 30 xuntanzas

Venres 15 de novembro do 2013

A Concelleira de Urbanismo tamén quere lembrar que nestes momentos o Concello está pendente de recibir algúns documentos da Xunta relativos ao PXOM, como son varios informes entre os que se atopa o de Patrimonio, de especial relevancia porque as súas directrices poderían influír sobre algunhas das decisións tomadas respecto das alegacións. En todo caso, a administración local espera que a Xunta de Galicia remita canto antes todos os ditames necesarios para poder rematar co proceso con todas as garantías. Hai que mencionar que o documento para a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal recibiu un total de 1.921 alegacións, presentadas por 2.451 alegantes e que afectan a un total de 2.908 parcelas do municipio, a maioría situadas no medio rural. Así mesmo, as alegacións están clasificadas por tipos, cun total de 15 categorías. A maior parte das reclamacións correspóndense con parcelas sobre as que se solicita un cambio de clasificación total (con 1.277 alegacións que supoñen o 59,9 por cento do total e afectan a 1.786 parcelas), seguidas das que solicitan a inclusión da totalidade da parcela (266 e 12,4 por cento) e das que piden a modificación de condicións edificatorias contidas nas ordenanzas (225 e 10,5 por cento). En todo caso, mirando por parroquias -exceptuando a de Carballo-, as que rexistraron un maior número de peticións foron Bértoa, Razo e Sofán.

Compartir: